Cociñando ciencia

Cociñando Ciencia :

Como si dun parto indoloro se tratase, nace neste blogue un novo apartado» Cociñando ciencia», unha casualidade fai que se xunten duas infancias marcadas; a do Quimicefa, e a das cociñiñas de xoguete, nun apartado deste blogue.

O encargado de repartir ciencia será o Señor Barrientos, de nome Luís, con vocación científico-química e de profesión pai. Un dilatado currículo que aquí debaixo expresa, é que nos deleitará con reportaxes de ciencia gastronómica, que lle iremos azuzando, e como non, toda a comunidade educativa.

Vexamos con que saímos para comezar…

Chámome Luis Barrientos Conde, nacín en Portomouro, Val do Dubra, no ano 1981. �- Son Técnico Superior en análisis Químico e control de calidade�- Cursei o primeiro ciclo da licenciatura en quimica na USC.�- Formei parte do proxecto europeo Sócrates como analista e monitor, no análisis de augas “Aguas de uso y consumo” en Santiago de compostela.�- Colaborei no proxecto de innovación aplicada a FP, no ies Sardiñeira resultando este centro beneficiario da implantación de un bioreactor.� – Participei en varias xornadas luso-galaicas de ciencia da USC���Gústame praticar a caza tanto mayor como menor así como a pesca.� Son un apaixoado das ciencias especialmente da química, tamén son un apaixoado dos deportes de motor, así como da mecánica, da electricidad e das novas tecnoloxías. ��

Deja un comentario