Hoxe

Hoxe día 25 de novembro tomamos de primeiro unha mixta con croquetas de mexilón Ecos ( nunca en moitos anos traballando en colectividades colocara croquetas en menú, pero esta vez pagaba a pena), mexilón Galego DOP de Galiza gratinado en bechamel, Arzúa-Ulloa e polvo de Nachos; para @s máis intrépid@s con vinagreta de granada. Albóndegas de tenreira Galega con arroz e verduriñas sumáronse de segundo, e de postre un Iougurt natural Galego. Fuchicamos cunhas hamburguesas Eco de Mexilón e Wacame, cando teña listo o video subo. Fixemos unha sondaxe ( sin invadir a excelente laboura d@s membr@s do INE e do IGE )nun grupo reducido tomando como mostra a tres alumn@s con diferentes perfís ( Como de todo, só o que me gusta, e son comed@r a medias) o resultado, ante todo sorprendente… Grazas a IXP Mexilón de Galicia e a Bagoas da Ría por tal Manxar e con tan boa acollida.

Bo finde

Rematamos semán Cunha castañada, recordade que dende xa fai 3 anos temos un buzón de Queixas ou suxerencias que os usuarios usan. Ás veces reclamando algo difícil, as veces imposible e outras veces, simplemente, factible ( Queremos mandarinas dulciñas); normalmente a final de curso pasamos a enquisa donde tamén volven a opinar sobre que platos mandan ó inferno e con cales se quedan.

2