Resultados da nosa enquisa

1.-PRIMEIROS PRATOS QUE MÁIS GUSTAN

enquisa 1.jpg

2.- PRIMEIROS PRATOS QUE MENOS GUSTAN

enquisa 1

3.- SEGUNDOS QUE MÁIS GUSTAN

enquisa 1

4.- SEGUNDOS QUE MENOS GUSTAN

enquisa 1

O MEU ANÁLISE:

Tódolos anos me sorprenden os resultados da enquisa, pero este ano si cabe máis. Na variedade está o gusto e no gusto señores, xa sabemos, non debemos de meternos. Entre os primeiros a sopa triunfa, da igual que faga calor ou frío, canto máis basta mellor e a forma da pasta creo que calan máis as letras. Pouca sal sempre ( o cal demostra tamén que os Galegos sabemos comer con pouca sal). As variñas de pescada con ensalada tamén caen en gracia, así como a ensalada mixta, a pouca distancia e a crema de verduras. Estas duas últimas tódolos anos apostan a baixa e recupéranse, depende dos grupos de idade claro está, unhas funcionan máis e outras menos.¿ A quen non lle sorprenden as xudías encabezando o ranking?, pois si,…  Entre as leguminosas as lentellas mandan, as fabas e os garabanzos costan máis, pero sabemos que teñen que ir.

Entre os primeiros que menos gustan, os resultados non son moi determinantes; o Potaxe de garabanzos, a crema de verduras ( que casi se anula entre os votos a favor e os votos en contra, respondendo claramente ós grupos de idade dos que falábamos), a ensalada Mixta ( igual pasa coa crema) e o caldo.

Os segundos teñen no apartado dos máis apreciados un claro gañador; A lasaña, aínda que seguida de cerca pola pizza de Atún, o resto están lonxe para ser tidos en conta ainda que ningún de eles comprende fritos nas primeiras posicións, o cal que me agrada moito.

Nos menos votados dos segundos aparecen 3 claros marcadores, un deles estame dando que pensar e incluso noites sen durmir ( jeje):O Rape, o Polbo e o guiso de tenreira. Saco de aquí moitas cousas en claro; ninguén vota a favor do peixe con ensalada pero só catro votos negativos (o cal me contenta), o salmón triunfa polo Baixo, ó igual que os moluscos e os chocos, e lonxe de gañar vantaxe as carnes, salvo o polo, quedan reelegadas a unha segunda opción.

O derradeiro día do curso

No xantar que o persoal do centro facemos ó rematar o festival de fin de curso sempre arrancamos con caras alegres e rematamos tristes, melancólicos, incluso bucólicos… a pregunta máis repetida entre os mestres é: choraches?. Os máis valentes cambian de conversa e o resto, o resto, directamente asinte. Vamos a extrañar moito ós que marchan, pero tamén nos alegraremos coas novas incorporacións.
Este ano tamén toca despedir A Juan, seguramente o extrañe moito, pero sei que estará ben.
Polo que a min respecta agradecer ó éxito do 2 concurso de Tortillas: Ó xurado, ós rapaces, ás avóas, ós avós, ás nais , ós pais e incluso algún ti@ que aparece en escea.
Ata logo.
* Próximamente colgaremos os resultados da enquisa, sorprendente 🙈🙈
 
O derradeiro día do Curso.