Menudo fiasco o de hoxe!

Pois… Hoxe comimos unha de crema 12 verduras, tornando ó verde; unha costeliña ó forno con Batalla e Chícharos, e de postre tiñamos Iougurt 🥺…

O repartidor pasou de nós, e nos pásamos del…

Tarta da Avoa, Nata e sirope de amorodo.

As Galletas bañáronse en leite de coco que tiñamos por aquí.

Levo toda a mañán pensando na orixe da tarta da Avoa, e o porqué do seu nome ! Saco varias conclusións, …

Trátase dunha tarta que toda avoa ten feito, co seu toque, pero aparentemente sinxela.

Gusta a todo o mundo, con poucos ingredientes e sin forno sae; é claro, a unha avoa, sempre lle sae ben. Trátase de Ingredientes que toda avoa sempre ten na súa casa: Galletas Tostadas, chocolate do ” gordo”, ovos e leite, bueno os que somos dunha idade, sabemos que na alacena tampouco falta Viño doce ( Sanson).

Algunha outra idea?

Anuncios

Hoxe comimos

Hoxe arrancamos Cunha fabada ben quentiña, seguimos cunhas Robalizas fresquiñas, ensalada mixta e de postre melocotón.

A vindeira semán teremos unha nova entrega de cociña 0.0, ven a cociñar con nós Cachú, Ansia e desexo que que chegue o día. Seguro que nos sorprende coa súa receita mellor gardada!!

Si ti mamá, papá, tí@ ou avoa-ó tes gañas de pasar un rato divertido ( non exclavizamos a ninguén) reserva mes a través das canles de sempre, @ o Blogue, informando no centro a través dos rapaces ou en Facebook.

Febreiro está libre de momento …

Cociñando ciencia co Sr Barrientos

Desta vez o señor Barrientos fálanos do chocolate, mira que oportuno…

Chocolate ou tamén chamado polo botánico Carlos Linneo, Theobroma,  alimento dos Deus, é o producto de mesturar masa de cacao, azucre e manteiga de cacao.

A través da mestura destes compoñentes obtense os diferentes tipos de chocolate,dependendo da proporción dos mesmos e da súa combinación con outros productos como o leite ou os froitos secos.

Entón dependendo do tipo de chocolate, xa sexa negro, con leite ou branco existirá unha certa proporción de cacao e unha composición diferente. 

 

CHOCOLATE NEGRO

O chocolate negro é o que posúe maior cantidade de cacao, aproximadamente máis do 35%, é dicir, o que queda despois de que a manteiga de cacao sexa extraída dos graos de cacao. Os sólidos posúen unha substancia chamada  teobromina  queé  tóxica para os cans e gatos, e a feniletilamina que está relacionada coa  sensación de pracer e felicidade que produce o comer chocolate.

A teobromina é un alcaloide do grupo das metil-xantinas,onde igualmente forman parte as coñecidascafeína e teofilina. Dito alcaloide atópase ata nun 4 % nos graos de cacao sen procesar, unha vez pasado polo fermentado, secado e a extracción, aporcentaxe aproximada de teobromina é de ata 1,5 %, dependendo do tipo de chocolate, sendo o chocolate negro no que máis predomina.

A cafeína, é outro alcaloide que se atopa no cacao e, igual que a teobromina, ten un efecto estimulante do sistema nervioso. Nun chocolate de 200 gramos  pódese atopar ata 25 gramos de cafeína, en menor cantidade do que se podería atopar nunha taza de café, onde a teobromina acaba sendo menor xa que durante o procesado, vai diminuíndo.

 

 

 

 

 

 

CHOCOLATE CON LEITE

Este tipo de chocolate posúe menor cantidadede cacao en polvo, aproximadamente entre 20-30% os mestres chocolateros engádenlle  vainillina  para potenciar o sabor e en países como Estados Unidos, empregan o ácido butírico  para proporcionarlle un sabor acedo ao chocolate.

 

CHOCOLATE BRANCO

O chocolate branco non posúe cacao en pó, só contén manteigaa de cacao, azucre e leite polo cal considérase o menos saudable do grupo. A manteiga de cacao componse de varias graxas como o ácido esteárico e ácido palmítico.

 

COMPOSICIÓN NUTRICIONAL DEL CHOCOLATE  

Carbohidratos: proporcíonanos sobre todo os azucres, que aportan case a metade da enerxía total. O cacao como materia prima contén almidón e fibra, pero estes compoñentes quedan logo máis diluídos nos productos finais de chocolate.

Graxas: proporcionan a outra metade da enerxía do chocolate elaborado. agás  o  cacao en pó, que ten  moi pouco contido en graxa.

Fibra: atópase en cantidades apreciables tanto no cacao en pó como no insoluble; nembargantes, os productos acabados de chocolate conteñen cantidades pouco significativas.

Minerais: nos chocolates negros e no cacao en pó o aporte de minerais ve se reducido pola adilución con outros ingredientes; en cambio, ochocolate con leite e o chocolate branco vense enriquecidos sobre todo co aporte de calcio.

Proteínas: non teñen un lugar destacado, agásno chocolate con leite e no chocolate branco, cuxos ingredientes lácteos aumentan o seu valor proteico. Ademais, o cacao como materia prima tamén ofrece porcentaxes máis altos.

Vitaminas: destaca sobre todo o aporte de ácido fólico. Os chocolates brancos e con leite presentan maiores cantidades de vitamina A que o resto dos derivados do cacao debido os lácteos que conteñen.

 

 

 

VANTAXES DE COMER CHOCOLATE:

Non todo o chocolate é bo, para sacar partido as vantaxes de comer chcolate, temos que escoller un que teña polo menos un 50% de cacao.Olvidade hoxe mesmo o chocolate branco, o chocolate con leite e escolle o negro o máis puro, este é o que máis beneficios aporta..

 O primeiro salientar o poder antidepresivo, ao segregar serotonina sentímosnos mais calmados pero ademais tamén segrega endorfinas que actúan sobre o noso cerebro liberándonos do estrés.
 Mellora a capacidade de concentración, máis que o café e que o té negro
 É un alimento que sacia.
 É unha fonte rica de almidon, graxas saudables, proteínas, vitamina A, acido fólico, fibra e antioxidantes.
 Axuda a circulación sanguínea.
 En dosis moderadas, axuda a mellorar o síndrome de fatiga crónica
 Reduce a tensión arterial.
 Axuda a reducir o colesterol.
 É rico en magnesio e é unha fonte de enerxia perfecta para deportistas.
 Contén Ferro que evita a anemia e reforza o noso sistema inmunolóxico.

DESVANTAXES DE COMER CHOCOLATE:

Se optamos por chocolate con leite, choclotes máis graxos e sobre todo chocolate branco, temosque despedirnos das ventaxas aínda que tamén o chocolate negro ten algunhas desventaxas.

 Ten un alto contido en graxas e carbohidratos, que contribúen o sobrepeso
 Pode producir migrañas.
 Pode ser prexudicial en caso de diabete.
 No caso de chocolates con azucre refinados, aumentan a tensión arterial.

¡¡Coidado con que tipo de Chocolate escollemos!!

Concurso “ Cousas que importan “

Cando eu era pequeno, todos querían ser Toreiros ou futbolistas, a min gustábame a cociña, bueno… e o de ser futbolista. Eran os que saían na tele, e dende os ollos dun cativo quedabas “flipado”.

Hoxe en día , nun xiro inesperado, xa non destacan na tele os toreiros( Grazas a Deus), destacan @s cociñeir@s e os futbolistas. Para ser futbolista profesional tes que ter aptitudes e actitudes, a mellor maneira de sábelo é xogando.

Si queremos que @s nos@s fill@s aprendan a cociñar ou , quen sabe, a vivir disto, deixémoslles que cociñen, quizáis sin sabelo, temos un Iago Aspas da Cociña.

Os gañadores foron Adriana e Samuel, grazas a tod@s por participar, e sobre todo por participar honestamente, xa que sorpréndeme moito como se votaron os participantes entre sí, deixando a un lado a san rivalidade.

#afamiliaquecociñaunidapermaneceunidaounon

#nonhaimaiorpracerquecompartir

Mocktail-Aperitivo a cargo dos alumnos de quinto e sexto.

Hoxe tiven o pracer de traballar cos alumnos de 5 e 6 ciclo; menudos cracks. Enfundados con camisa e pantalón acorde á ocasión e paxariñas deseñadas por Inma e Isabel comezamos o Servizo.

Fixemos uns aperitivos:

Tartaletas de pasta brisa, salsa Guacamole caseira, pó de nachos e mozarela.

Culleriñas con Gelee de tomate natural, ourego e aceite de oliva; capa de pó de muesli, xamón e reducción balsámica.

Crackers de queixo fresco, oliva e sementes varias( Liño, pipas, amapola…).

E para beber o que vedes.