O verán; época de ensaladas.

Fotografía dunha ensalada.
Óscar Fernández. Ensalada. CC BY-SA

Cando falamos de ensalada na casa, os nosos fillos poñen cara de susto, identifican o termo ensalada coa leituga soamente, e acaban por rexeitala antes de vela.

Cómo os convencemos????  Cecais sexa unha boa pregunta, aínda que de difícil solución en moitos casos. Vamos a establecer unha serie de pautas que nos van axudar a acadar, ou polo menos mitigar, a temida » ensalada».

1.- Empezamos por valorar o tipo de verdura a empregar, existen diversos tipos de leituga no mercado( folla de roble, batavia, maravilla de verano, iceberg…) así como brotes ou follas miudas ( espinaca, canónigos, berros…) . O corte da mesma é importante, queda demostrado que a leituga cortada en xuliana facilita a masticación, á par que permite mesturar mellor co aliño unha ensalada. O tomate cortado en dados, mestura mellor e escapa dos anacos grandes ( inimigos dos rapaces), Ó igual que a cebola; a poder ser doce. O millo, as olivas, a cenoura raiada, os brotes ou as froitas como a mazá, o melocotón e a piña; realzan o colorido e a variedade.

2.- Os elementos protéicos deben aportar sabor pero non ser ingredientes principais: Ovos duros, bonito, dados de xamón cocido, peituga de polo ou Salmón afumado…

3.- O aliño; importantísimo, nós mellor que ninguén coñecemos ós nosos fillos, sabemos si lle gusta o ácido, o doce ou o salgado. Antes de empregar no comedor escolar do noso centro aceto balsámico ( Modena), o consumo de ensalada era case dun tercio do actual. Unha receita sinxela dunha salsa de iougurt para ensalada: unha parte de aceite de oliva, por duas de vinagre, un iougurt natural, un chorro de zumo de piña sal e pememta branca, mesturamos todo e servimos antes de comer.

4.- A presentación. Un prato primeiro vémolo, logo probámolo, eso di moito do aspecto visual do mesmo.

A IMPORTANCIA DE SABER O QUE COMEMOS.

Óscar Fernández. Hortalizas na pota. CC BY-SA

Ás veces,  un plato agacha diferentes sabores, colores ou olores que descoñecemos, que nos agradan ó paladar, e ó mesmo tempo distraen os nosos sentidos; para ben ou para mal. Eso é a cociña.
Un simple bocadillo pode agachar centos de sabores con poucos ingredientes, pero ben combinados entre sí.
Este blog non solo é meu, senón que tamén é de todos aqueles que pertencemos dunha o de outra maneira á comunidade educativa do Ceip Xacinto Amigo Lera ( Portomouro). Nel, durante o curso académico, e tamén durante ás vacacións, iremos intercambiando experiencias culinarias entre todos nós; Pais, alumnos, mestres, persoal non docente… A parte de poder facer comentarios sobre o que aquí se publique, poderedes mandar as vosas receitas, opinións, experiencias coa cociña ou simplemente fotografías de algo relacionado que vós guste. Mensualmente colgarase o menú do centro, é a poder ser diaria ou semanalmente fotos e ingredientes dos menús( todo dependerá do meu tempo). Así mesmo, si existen modificacións tamén se vos comunicarán.
Colgarei artículos relacionados con comedores escolares, nutrición , e consellos para levar unha alimentación sana e equilibrada tanto no centro como na casa. 

  • Ata pronto!! leémonos…….