Menú 0,0- cociñando a 4 mans

Hoxe volvimos a contar Cunha nova entrega dos menús 0,0; grazas á presenza do gran Julio e a súa dona, que nos recibiron na súa casa de maneira inimaxinable. Xenio e figura este Julio, xa baixou as 7 am a darlle lume ás Pedras ( póñoas con maiúscula porque lles quere coma unha filla), lume de carballo, «nin gas nin gaitas desas»… o das Pedras, e todo o ritual que isto entraña, a min deixoume sen palabras, veño ilusionado. Que si dunha fiestra vella de fai 30 anos, que si a fixo cun fillo e de procedencia tal, que si aquela fendeu debido a cual e claro, cando esta mensaxe chega a calquera, un aprende a valorar o que vamos a degustar, porque non nos enganemos, esto, é único.

Non teño palabras de agradecemento para Julio, ó seu xenro Juan que fixo algunhas xestións, a Richard por estar sempre ahí, a Mariña Grillé , de Insua, por facilitarnos uns ovos espectaculares, coñecedes as Galiñas de Mos? Deberíades… os vídeos son explicativos, as fotos tamén, si podedes que os rapaces os vexan, probar, sinto acabaron con todo….

Os aplausos son para vós …

Deja un comentario